Sunday 30 de June de 2024

A Pobra conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente con dúas retiradas de lixo na praia da Corna


O Concello da Pobra do Caramiñal súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora cada 5 de xuño, con dúas xornadas de retirada de lixo na praia da Corna.

Estas limpezas de areais terán lugar nos domingos 2 e 16, de 10.00 a 14.00 horas, para facilita-la asistencia das persoas voluntarias.

Con relación a esta iniciativa, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, manifesta que a Administración local continúa así con actividades de sensibilización entre a cidadanía para o coidado das contornas naturais, nesta ocasión, marítimas. Trátase, polo tanto, dunha mostra máis do compromiso en materia medioambiental.

Farase entrega de todo o material necesario para a retirada dos residuos e contarase coa colaboración da Protección Civil.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que se inscriban no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com.